A Palabra… ¡en familia! en Santiago de Compostela

LECTURA pública e continuada da BIBLIA, un libro de plena actualidade e decisivo para a Humanidade

La jornada tendrá lugar en la LIBRERÍA EGERIA, plaza de la Inmaculada 5, en Santiago de Compostela, el sábado 28 de septiembre de 2019, de 11:00 a 20:00 h.

A Comunidade Caná quere, con esta xornada, poñer en valor a Palabra de Deus na vida cotiá, como lámpada que ilumina os pasos das nosas vidas e das vidas das nosas familias.

A BIBLIA lida en público por esposo e esposa, pais e fillos, irmáns,  avos e netos, mulleres e homes de diferentes eidos sociais: empresa, arte, espectáculo, política, confesións relixiosas, universidade, deporte, youtubers, iconos mediáticos…

Ademáis, durante toda a xornada, que dará comezo ás 11:00, realizaranse actividades lúdicas para nenos; lerase a Biblia en diferentes idiomas; poderase visitar unha exposición de Biblias; virán convidados famosos; e haberá algunha sorpresas máis… A clausura prevese ás 20:00.

É bo que a lectura da Biblia sexa cotiá nas nosas casas

Os crentes atopamos nos seus textos toda unha historia de proximidade de Deus, lembramos todo un camiño percorrido xunto a El… En definitiva, unha historia de amor persoal e, ao mesmo tempo, unha historia de amor compartida con todos os pobos da Humanidade.

Non existe unha idade mínima para a súa lectura. A gran cantidade de textos que existen na Biblia, permítennos escoller as historias adecuadas para cada momento e situación, despregándose ante nós a bondade de Deus, a súa voz escrita, a súa mensaxe chea de sabedoría.

¿Quen pode entón, vir ler a Biblia o 28 de setembro?

A Biblia non só poden lela os crentes, senón todo aquel que busca sempre algo máis. Todo aquel que sentíndose insatisfeito anhela atopar as verdades que lle permitan vivir feliz e en harmonía con toda a creación na que vive.

Poden vir familias enteiras. Poden vir curiosos, sós ou en compañía. Poden vir crentes que coñecen a Biblia. Cristiáns de todas as confesións. Ateos. Buscadores de algo máis… Todo aquel que considera a Biblia algo importante; ou todo o que, sen coñecer aínda se ler a Biblia merece a pena… queira atreverse a descubrir uns textos que poñen voz a Deus.

É NECESARIO INSCRIBIRSE DESDE A PÁXINA WEB DA COMUNIDADE CANÁ  no seguinte enlace e seleccionar en que franxa horaria quere un facer a lectura. Recibirá un email coa información necesaria para ese día. Todas as novidades deste evento iranse publicando na dita páxina web

Máis infomación poñerse en contacto coa Comunidades Caná en: www.comunidadecana.org ó canacomunidade@gmail.com

 

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *