Listado de la etiqueta: Manifiesto 1 mayo

1º Maio 2021: «Agora máis que nunca Traballo Decente!»

1º Maio 2021: «Agora máis que nunca: Traballo Decente!»

 

Nunha nota de prensa co motivo da celebración do Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, a iniciativa «Igrexa polo Traballo Decente» advirte que a pandemia debilita o dereito ao traballo e pon en crise o pacto social e a democracia. Ademáis, insta a garantir o acceso a medidas de protección social para quen non poida traballar ou as súas condicións laborais non lles permitan chegar “a fin de mes”, e reclama un amplo diálogo para configurar un novo contrato social baseado na centralidade da persoa, o traballo decente e o coidado do planeta.

Baixo o lema AGORA MÁIS QUE NUNCA: TRABALLO DECENTE!”, esta iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD), lanza un Manifesto con motivo do 1º de Maio no que alerta como o impacto da pandemia está a debilitar o dereito ao traballo, e empobrecendo, precarizando e descartando a millóns de traballadores.

Asinan o manifesto as entidades de inspiración cristiá que impulsan en España esta iniciativa: Cáritas, Conferencia Española de Religiosos, CONFER, Hermandad Obrera de Acción Católica, HOAC, Justicia y Paz, Juventud Estudiante Católica JEC e Juventud Obrera Cristiana JOC .

.
Cambiar o sistema produtivo para pór ás persoas no centro

Para ITD, esta profunda crise pon de relevo a necesidade dun cambio de sistema produtivo, baseado en traballos que acheguen valor, suxeitos a unhas condicións laborais dignas, e onde as persoas estean no centro. É urxente subliñar, nese sentido, a importancia do traballo como actividade humana que acrecenta a dignidade de cada persoa e das súas familias, á vez que participamos no coidado do conxunto da sociedade e do planeta.

O Manifesto denuncia a destrución no último ano de miles de empregos e que moitos dos ERTE postos en marcha resolvéronse en despedimentos. Así mesmo, os empregos considerados esenciais –moitas veces exercidos en condicións precarias, tanto a nivel laboral como de protección sanitaria—, tampouco se viron recoñecidos nunha mellora das súas condicións. “E as medidas de protección social deseñadas para paliar os efectos da crise –afírmase— non chegaron ás persoas que máis o necesitan, como tampouco sucedeu co subsidio temporal previsto para as traballadoras do fogar ou o ingreso mínimo vital”.

Outra das consecuencias sociais da pandemia é o agravamento das condicións de pobreza entre a poboación migrante en situación administrativa irregular, onde o desemprego e a economía informal son maioritarios, sen posiblidades de acceso ao sistema de protección.

Ante este panorama, ITD insta “agora máis que nunca a adoptar as medidas necesarias para conseguir que o traballo decente sexa unha realidade accesible para todas as persoas, con condicións que permitan manter unha vida digna e unha protección social que chegue a todas as persoas que o necesitan”. No manifesto expóñense algunhas medidas urxentes para reconducir a situación.

Xunto coas mobilizacións e actos de rúa convocados para o 1º de Maio , a ITD tamén convida a celebrar neste Primeiro de Maio mediante xestos de oración persoal ou comunitaria, xunto a unha “mobilización dos balcóns” para dar visibilidade a estas reivindicacións nas xanelas dos nosos domicilios. A mobilización en redes sociais levarase a cabo co hashtag: #AhoraMásqueNuncaTrabajoDecente

 

Ver Nota de Prensa ITD 1ª Maio 2021

 

Ver Manifesto ITD 1ª Maio 2021

 

Ver Guión Litúrxico ITD 1º Maio 2021

 

 

Manifiesto de la iniciativa «Iglesia por el Trabajo Decente» de la diócesis de Santiago en torno al 1 de mayo

Con motivo del Dia Internacional del Trabajo, 1 mayo, desde la iniciativa «Iglesia por el Trabajo Decente» de la diócesis de Santiago nos emiten el siguiente manifiesto:

 

MANIFESTO ANTE O PRIMEIRO DE MAIO


Ante o 1º de Maio de 2020, Día Internacional do Traballo, extraordinariamente marcado pola crise da pandemia, as organizacións promotoras da iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) unimos as nosas voces e forzas, nesta celebración do traballo e de san Xosé obreiro, para reafirmar que o traballo é para a vida, que debe garantirse unhas condicións laborais que protexan a integridade física e psíquica da persoa, e favoreza a súa protección social, esenciais para unha vida digna.

Non nos cabe dúbida de que a crise laboral e económica provocada pola pandemia da COVID-19, tivese un menor impacto, sen a indecente precariedade laboral, ese “virus” que caracteriza o sistema de relacións laborais, que lesiona os dereitos das persoas traballadoras e das súas familias; se a sanidade e o conxunto de políticas sociais contasen cos recursos que necesitan e que foron recortados como consecuencia da anterior crise financeira.

Os empregos máis precarizados, como son os de persoas traballadoras do fogar e de coidados, da agricultura, de establecementos de alimentación ou repartidoras, que ata o momento estiveron invisibilizados e non tiveron un xusto recoñecemento laboral e social, son os que neste momento de crise sanitaria, que supón a paralización do sistema produtivo e económico, «descubríronse» como esenciais para a sustentabilidade da vida, para garantir o benestar de todas as persoas e que non nos falten alimentos e coidados durante o período de corentena. Pero continúan exercendo as súas funcións en condicións precarias e na maioría dos casos sen a protección adecuada. Amplificamos o noso aplauso, tamén para estas realidades.

«Paréceme totalmente inxusto non ter dereito ao paro, non nos tratan como a un asalariado máis… No momento en que cotizas e traballas deberías ter os mesmos dereitos, non? Isto significa non valorar ese traballo ou valoralo menos, non ten sentido. Nunha empresa de limpeza na que se limpan edificios si que cotizas para a prestación por desemprego, entón non entendo porque unha empregada do fogar non pode cotizar no mesmo réxime.» Consuelo, empregada de fogar en Pontevedra.

A iso únense o drama do desemprego rexistrado, que, xunto ao estrutural, son a punta do iceberg dunha crise do emprego moito maior; que non computa os traballos non recoñecidos, nin o emprego suspendido por expedientes de regulación temporal. O emprego que en primeiro lugar destruíuse é o máis débil, o que carece de redes de protección social. Por iso, a todas as persoas que verán reducidos os seus ingresos, mesmo ata límites que non garantan o mínimo para vivir dignamente, súmanse as que non contan con ningún tipo de protección.

Facemos un chamamento para que se articulen e impulsen todas as medidas necesarias evitando que isto volva pasar, e para apoiar e coidar ás persoas máis afectadas, especialmente a quen está na rúa, sen teito e as que nunca reúnen os requisitos para percibir algunha renda mínima. ITD, constituída por institucións que acompañan ás vítimas da precariedade, esiximos construír unha rede de protección social para quen perdeu emprego, salario e dereitos, para que ninguén quede atrás.

Necesitamos superar formulacións individualistas e comprometernos solidariamente coa comunidade e o ben común. Valoramos o compromiso da cidadanía e o de tantas empresas, e subliñamos que son as Administracións Públicas as garantes últimas do ben común da nosa sociedade.

Desde estas constatacións, reclamamos:

  • O recoñecemento dun ingreso mínimo garantido nun programa articulado que integre as políticas sociais en España.
  • O dereito á prestación por desemprego para as persoas empregadas de fogar, así como o recoñecemento social do traballo de fogar e de coidados.
  • A regularización extraordinaria e urxente dos traballadores e as traballadoras “sen papeis” e descartados dos dereitos de cidadanía.
  • Un pacto de Estado, entre toda a sociedade e as súas institucións que, entre outras cuestións, aposte pola centralidade da persoa e o traballo decente, pedra angular sobre o que se sostén todo o demais.
  • O fortalecemento do alicerce dos dereitos sociais en Europa.

Como entidades da Igrexa sensibles e comprometidas coa realidade no mundo obreiro e do traballo, neste 1º de Maio e de san Xosé obreiro convidamos as comunidades cristiás a unirnos, desde a distancia físicaobrigatoria, desde as nosas casas, na celebración e a oración. Convidámosvos a participar con creatividade naquelas accións que poidan facer visible a necesidade dun traballo decente acorde coa dignidade humana.

 

 

Se puede descargar el documento en pdf pinchando aquí