Escola Galega de Espiritualidade. Curso 2024-25. «Igrexa: crise, esperanza e futuro»

A Escola Galega de Espiritualidade presenta o seu novo Curso 2024-25, co tema de fondo: «IGREXA: crise, esperanza e futuro» 

Un tema que nos interpela moi directamente e que está moi en continuidade co que traballaron o curso pasado sobre «Xesús hoxe». Dáse ademais a circunstancia de que coincide coa celebración en Roma do Sínodo da Sinodalidade. Unha coincidencia que nos axudará a sintonizar máis con este acontecemento tan importante da igrexa universal.

O plan do curso consiste nunha serie de 5 Encontros de sábado (9/11; 14/12; 25/01; 15/03 e 10/05) no colexio La Salle en Santiago. 

A Acollida e Presentación destes encontros será entre as 10:00h e 10:30h da mañá seguido dunha Oración as 10:30h; e unha Reflexión a continuación. Ás 12:00h será o descanso coa posibilidade dun café no comedor do colexio. Pola tarde de 16:00 á 19:00 h terán lugar os Obradoiros e a Celebración.

Ademais haberá unha convivencia de fin de curso no Mosteiro de Sobrado dos Monxes os días 30, 31 de maio e 1 de xuño de 2025.

A matrícula do curso son 40 € (con posibilidade de becas)

Data límite para anotarse: 25 de outubro.

Para toda dúbida pódese contactar con Maricarme Turnes, Teléfono 981.591.118 / 680.184.922 (whatsapp), Correo-e: turnesnegreira@gmail.com