Foro Encrucillada: «Igrexa abierta por reformas» en Santiago
Son tempos complexos e desafiantes para a nosa Igrexa e a Asociación Encrucillada quere, coma sempre, abrir espazos para a reflexión e o diálogo.
.
Este ano o Foro Encrucillada , co título:«Igrexa aberta por reformas» invítanos a pensar a Igrexa e especialemente a Igrexa galega como un espazo aberto, en saída. Capaz de acoller os cambios e apostar polas periferias.
.
.
TOMADE NOTA!!!!!
.
Sábado 5 de octubro no salón de actos do Colexio da Compañía de María (Rua da Ensinanza, 3 Santiago de Compostela) as 10 da maña.
.
Que é a Asociación Encrucillada
A Asociación Encrucillada é unha asociación cultural sen ánimo de lucro, coa finalidade de darlle cobertura á revista que co mesmo nome «Encrucillada», publicación galega bimestral de pensamento cristiá. Entre as súas actividades está a organización anual do Foro Fe e Cultura en Galicia. Estes Foros lévanse celebrando desde o ano 1987.
.