Listado de la etiqueta: Encuentro de moderadores

Un verdadero encuentro de sinodalidad diocesana.

 

 

O pasado sábado 5 de febreiro tivo lugar na Casa de Exercicios Espirituais de Santiago de Compostela un ENCONTRO formativo e de compartir experiencias, organizado polo Equipo sinodal diocesano, e no que participaron moderadores e representandes dos diferentes grupos sinodais constituidos na archidiocese de Santiago.

 

O Encontro comezou cun momento intenso de oración, no que destacou a interiorización do texto de Lucas 5, 1-11 e o compartir a importancia da comunidade para a evanxelización.

 

 

Posteriormente houbo unha intervención do bispo auxiliar, D. Francisco Prieto, resaltando o discernimento dentro dos grupos de reflexión, que ten que xurdir nun clima de oración, a partir da da escoita do que o Espírito nos di por medio da Palabra, e a escoita duns aos outros. Tocando os tres eixos temáticos, destacou no tocante á Comuñón que existe se hai comunicación, se sabemos apreciarnos, xa que cada persoa é importante e irrepetible e notar que é amada. Sobre a Participación salientou que nos sentimos parte dunha comunidade se participamos dela, e que a diversidade na Igrexa é riqueza porque fala da abundancia do Espírito. En canto á Misión, lembrou que sempre é anuncio da esperanza que é Cristo e celebración da fe, pero unha fe que se fai activa na caridade.

Finalmente, animou aos representantes dos grupos a aprender a respetar as opinións, evitar protagonismos, promover plantexamentos propositivos, falar con honestidade, ser inclusivos apreviando a riqueza e a variedade.

 

 

 

De seguido, mantívose un diálogo sobre o que está a aportar o proceso sinodal nos grupos sinodais da archidiocese de Santiago, e as principais dificultades, gozos, actitudes e sentimentos. No mesmo houbo participación de diferentes representantes de parroquias, grupos e delegacións, destacando, entre outros aspectos, os seguintes: o valor da comunidade, a necesidade de tomar en serio os traballos que se están a realizar, a ilusión xeralizada das persoas participantes, a integración de persoas de distinta procedencia e incluso doutras confesións, apreciar o grupo como espazo de liberdade, a axuda dos espazos e que as persoas estean en círculo para sentirse acollidas e escoitadas, a motivación para volver a realizar actividade pastoral, a dificultade de convocar á mocidade, a escasa recepción da proposta desta fase sinodal.

 

 

  • O equipo sinodal diocesano insistiu en que está a disposición dos párrocos, congregacións relixiosas, laicos e, sobre todo, dos grupos sinodais para axudar a crecer en comuñón e responsabilidade, de xeito que vaiamos asumindo o compromiso de bautizados e implicándonos nesta fase sinodal a nivel diocesano, que se corresponde coa Escoita ao Pobo de Deus.

 

  • Aproveitouse o Encontro para informar do adianto da data tope para o envío das sínteses, que será o 1 de maio de 2022, e que as síntesis das sesións deben ser enviadas ao seguinte email: sinodo21_23@archicompostela.org

 

En definitiva, tendo en conta a situación actual de moitas comunidades e parroquias, houbo un sentimento xeralizado de seguir a traballar coa forza do Xesús, acompañados do Espírito e guiados polo Pai, en comuñón coa Igrexa diocesana e universal.

 

Equipo sinodal diocesano