Listado de la etiqueta: Nota de Prensa

Igrexa polo Traballo Decente sinala que «agora mais ca nunca» é o momento de crear emprego digno, sostible e inclusivo.

Las entidades adheridas a la iniciativa Igrexa polo Traballo Decente, emitieron, el pasado 1 de marzo, la siguiente nota de prensa sobre las prioridades a nivel de trabajo digno para este año 2021:

 

 

NOTA DE PRENSA


Igrexa polo Traballo Decente sinala que “agora máis ca nunca” é o momento de crear emprego digno, sostible e inclusivo.

 

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2021.- Co lema «Agora máis ca nunca, traballo decente», as entidades promotoras da iniciativa eclesial polo traballo decente centrarán os seus esforzos, este ano 2021, en sinalar que chegou o momento de adoptar políticas e compromisos en favor de empregos dignos, sostibles e inclusivos.

A pandemia agravou a xa difícil situación do mundo do traballo e desvelou os límites do traballo mercantilizado. O modelo de relacións laborais actual non asegura a miles de traballadores e de traballadoras acceder a un traballo decente que permita atender necesidades básicas como chegar a fin de mes, conciliar a vida laboral e familiar, o acceso á vivenda, á seguridade e saúde laboral ou o confort enerxético, a participación social, etc.

Drama laboral

Máis de seiscentas mil persoas perderon o seu emprego en 2020. Un drama que afecta a 3,7 millóns de persoas. Con maior intensidade entre as mulleres e os mozos. A taxa de paro feminina é do 18,3%, fronte ao 14,2% da masculina, mentres que tres de cada catro empregos a tempo parcial son ocupados por mulleres (74,4%). O desemprego xuvenil en menores de 25 anos en España xa é do 39,6%, mentres que a media da Unión Europea sitúase arredor do 15,7% (EPA 2020).

O total de ingresos das persoas asalariadas caeu un 12,7% (1º semestre 2020), debido á redución das horas traballadas e as perdas de emprego. Chama a atención que o 16% dos traballadores reciba unha remuneración por baixo do salario mínimo (OIT).

Especialmente intensas son as consecuencias para a poboación máis vulnerable, que ten oito veces máis paro que o resto, presentando un índice de desemprego do 73% e un acceso ao traballo precario e descontinuo. Hai 7,8 millóns de persoas (o 16% das familias) en fogares onde o sustentador principal carece dun mínimo de estabilidade no emprego, sen esquecer que 615.000 persoas teñen que conformarse con vivir da economía informal (FOESSA).

Agora máis que nunca, traballo decente

Por iso, a iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) considera que é urxente abordar esta situación na que nos atopamos, especialmente entre as mulleres e os mozos. Esta será a principal prioridade na reflexión e na acción da iniciativa durante 2021 e que terán a súa máxima expresión na convocatoria do Primeiro de Maio e da Xornada Mundial polo Traballo Decente, do 7 de outubro, días claves no seu quefacer para a promoción da dignidade do traballo.

Co ministerio pastoral

Ademais, ITD actualizará os seus materiais de sensibilización e información para seguir promovendo a adhesión de parroquias, colectivos e institucións á iniciativa. Neste senso, pretende avanzar no diálogo cos membros da Conferencia Episcopal Española, particularmente co bispo da Pastoral do Traballo, para compartir miradas, preocupacións e estratexias que sigan animando a prioridade do traballo decente no medio da acción pastoral de toda a Igrexa.

 


Contactos para medios
(HOAC) Abraham Canales: 609.45.98.03 / (CONFER) Eva Mª Silva 91.519.36.35 / (Cáritas) Ángel Arriví: 619.04.53.81

 

 

 

Se puede descargar la nota de prensa en PDF  aquí.