A diocese de Santiago de Compostela participa nas XLV Xornadas de Apostolado Segrar en Madrid
A fin de semana do 26 e 27 de outubro varios membros do equipo da Delegación para o laicado da archidiocese de Santiago participamos nas XLV Xornadas de Apostolado Segrar en Madrid. Unha cita anual que congrega aos delegados de Apostolado Segrar/Delegacións do Laicado, así como aos seus equipos e aos responsables de Asociacións e Movementos Laicales de todo o país. Nesta ocasión se celebraron baixo o título de “Chamados a facer camiño coa humanidade”
A mañá do sábado tratou sobre a cultura vocacional e a vocación laical de presencia no mundo, a través dunha ponencia, a modo de mesa redonda, realizada por Jorge Sierra, Delegado de Pastoral de La Salle para España e Portugal e Estrella Moreno, Directora do Instituto Diocesano de Teoloxía e Pastoral da diocese de Bilbao e moderada por Sandra Várez, directora de Comunicación de la Fundación Pablo VI. Ademáis das persoas que participamos na xornada, máis de mil persoas conectadas a través de Youtube tamén puideron acceder en directo á ponencia. Nela resaltouse por unha parte que toda vida consiste en responder á chamada a unha vida digna e plena, e por outra, a necesaria implicación do laicado na transformación da sociedade.
Para quen desexe profundar nas reflexións compartidas, está dispoñible a continuación:
Pola tarde houbo unha dinámica na que as distintas realidades diocesanas e asociativas fumos compartindo como se vai traballando o primeiro anuncio nas nosas comunidades.
Posteriormente, José Benito Gallego, da Irmandade de Sacerdotes Diocesanos Operarios e membro da Comisión Executiva do Congreso de Vocacións presentou o vindeiro Congreso de Vocacións, do 7 ao 9 de febreiro de 2025: “Asemblea de chamados para a misión”. Animounos a difundir os obxectivos do Congreso: presentar un encontro eclesial no que constatemos que a vida cristiá é vocación, e ao mesmo xeito impulsar un servizo que anime e promova os distintos camiños vocacionais. Podemos ver toda a información e materiais na web: https://paraquiensoy.com/
E o domingo pola mañá, despois da celebración da Eucaristía, presentouse o seguinte itinerario que xurdiu do Congreso de Laicos do 2020 a traballar nos vindeiros cursos: a Presencia na Vida Pública. Houbo traballo en grupos no que se puxeron en común as dificultades e amenazas para aterrar pastoralmente este itinerario, pero tamén as fortalezas e oportunidades que na Igrexa e na sociedade se dan para cultivar a dimensión social da fe.
Por último, desde Roma compartiron cos presentes dous pais sinodais, Eva Fernández e Luis Manuel Romero, director da Comisión episcopal de laicos, familia e vida, os aspectos máis vivenciais do Sínodo sobre a sinodalidade. Precisamente Luis Manuel Romero insistiu que a sinodalidade está a pedirnos que deamos maior participación aos laicos, e dun modo particular ás mulleres, en todas as cuestións da vida e misión da Igrexa, incluíndoos nos procesos de discernimiento eclesial, toma de decisións e avaliación.
Fredi Losada, Marina Hernando e Paco Durán recollemos a riqueza do que vivimos nas Xornadas de apostolado segrar para compartila e tamén para lembrar a necesidade de poñer a misión no centro da acción pastoral da Igrexa.
«Me siento muy agradecida de haber podido participar en estas Jornadas Nacionales de Apostolado Seglar, como miembro del equipo de la Delegación del Laicado de nuestra Archidiócesis de Santiago.
Han sido dos días de intenso trabajo centrados en redescubrir nuestra vocación laical como una llamada a la misión, compartir la implantación del Primer Anuncio en las diferentes realidades eclesiales en las distintas diócesis de España, animar a la participación en el Congreso de Vocaciones de febrero de 2025 e iniciar el diálogo sobre la continuidad del proceso emprendido tras el Congreso de Laicos 2020, con el itinerario propuesto para los próximos años: «Presencia en la Vida Pública». Pero además estos días han sido también un tiempo de encuentro, de establecer vínculos, de celebrar la fe y de disfrutar de un ambiente fraternal y sinodal. Lo que viene en los próximos meses es muy ilusionante para todos los laicos. Todos somos necesarios por lo que todos estamos invitados a sumarnos a esta importante misión: llamados a hacer camino con la humanidad».
Marina Hernando