Listado de la etiqueta: Sínodo

Non puideches asistir? Aquí contámosche algunhas claves desta interesante conferencia sobre o Sínodo

Este luns tivo lugar no Centro Fonseca da Coruña a conferencia “Que Sínodo pide a Igrexa?”, impartida por Cristina Inogés, teóloga e membro da Comisión metodolóxica do Sínodo. A súa exposición estivo centrada no proceso sinodal, e sobre todo compartiu como se desenvolveu a primera parte durante o mes de outubro de 2023, tendo en conta que foi a única laica española con dereito a voto no Sínodo.

A profesora Inogés destacou o ambiente orante que o papa Francisco quixo marcar xa de inicio, ao convocar a todos os pais e nais sinodais a tres días de retiro espiritual nas aforas de Roma. Polas mañás había disertacións e polas tardes adicouse en parte a ensaiar a metodoloxía do Sínodo.

Metodoloxía que se baseaba en 39 mesas redondas de entre 10 e 11 persoas, tentando entremezclarse os bispos con laicos, laicas, sacerdotes e membros da vida relixiosa invitados. E as reunións dos círculos menores foi moi enriquecedora, plantexándose en torno á conversa no Espírito, con rondas de intervencións de 3 minutos, con pausas duns minutos, continuándose con outras intervencións, e ao final da primeira ronda 5 minutos de silencio; e así un par de rondas máis, provocando unha escoita profunda que facía achegar posturas e facendo ao espírito ser o verdadeiro protagonista do Sínodo.

Cristina Inogés salientou a capacidade de encontrarse persoas de tan diferentes procedencias e culturas, destacando a relevancia do que nos une: a dignidade que nos vén do bautismo. De aí destacou a promoción do lugar das mulleres, a apertura sinceira a persoas de diferente orientación sexual e de xénero ou a presenza do laicado en órganos decisorios da Igrexa, como de feito xa se vén facendo nalgúns países do noso entorno.

Tamén destacou como aspectos moi relevantes no Sínodo o clamor dos pobres, a formación do laicado e, de xeito particular, o coñecemento e difusión da Doctrina Social da Igrexa, gran descoñecida.

Por último, salientou a profesora Inogés a chamada de Francisco a fomentar procesos, a facer dos órganos colexiados na Igrexa sementes de sinodalidade e a que as comunidades vaian crecendo en prácticas evanxélicas.