7 xuño de 2025 | Xubileo do Apostolado Segrar na Arquidiocese de Santiago de Compostela. Ven a celebralo connosco !
A Delegación para o Laicado da Arquidiocese de Santiago de Compostela organiza, neste ano xubilar da Esperanza 2025, o XUBILEO DO APOSTOLADO SEGRAR na nosa diocese, enmarcado no «Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar», co lema «Testemuñas de Esperanza no mundo».
Será unha xornada festiva, aberta e gratuita que terá lugar o vindeiro sábado 7 de xuño en Ribeira
Dará comenzo ás 10:30 da mañá e rematará ás 19:00 da tarde coa Vixilia de Pentecoste presidida polo noso arcebispo D. Francisco na igrexa de Ribeira.
Con un Xantar compartido (cada un trae unha cousa para compartir)
Haberá actividades para os nenos.
O programa será o seguinte:
- 10:30 h. Acollida (salón Cristóbal Colón 26)
- 11:00 h. Oración (salón Cristóbal Colon 24 Capela)
- 11:30 h. Ponencia por D. Francisco Durán (salón Cristóbal Colon 24 Encontro)
- 12:15 h. Descanso-Café (salón Cristóbal Colón 26)
- 12:45 h. Traballo por grupos (salón Cristóbal Colón 24 e 26)
- 14:00 h. Xantar
- 16:00 h. Diálogos da esperanza, construíndo pontes, unindo persoas. (salón Santa Uxía en Ribeira)
- 18:15 h. Xesto público na Praza da Igrexa de Ribeira
- 19:00 h. Eucaristía-Vixilia de Pentecoste na Igrexa de Ribeira (presidida polo arcebispo D. Francisco Prieto)
Podes inscribirte a nivel individual ou en grupo no seguinte enlace:
Sen dúbida será unha gran xornada festiva!
Contamos contigo!
Compárteo cos teus !
Descarga os carteis en PDF aquí