Presentación do libro «No os dejéis robar la dignidad» sobre o papa Francisco e o traballo.

O próximo venres 12 de marzo ás 17 horas, mediante videoconferencia en Zoom e previa inscrición, preséntase o libroNo os dejéis robar la dignidad. El papa Francisco y el trabajo”, de Abraham Canales (Ediciones HOAC, 2019).

No diálogo participará o autor do libro e director de Publicacións da HOAC. Está organizado pola Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC) das dioceses de Galicia en colaboración coa iniciativa Igrexa polo Traballo Decente.

Esta publicación, na súa segunda edición, é unha recompilación comentada de textos, a modo de compendio, que concreta o compromiso do papa Francisco co traballo decente, expresado en Evangelii gaudium e en Laudato si’, dúas das súas aportacións de referencia tanto para a Igrexa como para as «persoas de boa vontade» do planeta.

Unha constante que veu desenvolvendo nos distintos diálogos realizados coas organizacións dos traballadores e cos movementos populares; en diversas visitas pastorais; e nas principais institucións políticas, económicas y laborais. O libro foi presentado en diversas cidades do país cunha satisfactoria aceptación entre as persoas que asisten aos actos.

O autor participo u no III Encontro Mundial de Movementos Populares en diálogo co Papa Francisco e no encontro internacional «De Populorum progressio a Laudato si’. O traballo e o movemento dos traballadores no centro do desenvolvemento humano integral, sostible e solidario. Por que o mundo do traballo segue sendo a clave do desenvolvemento no mundo global?» que reuniu ao movemento sindical mundial co Dicasterio para o Servizo do Desenvolvemento Humano Integral do Vaticano.

“No os dejéis robar la dignidad” invita a mergullarse neste pensamento para seguir profundizando nel e comprometerse nesta «prioridade humana e cristiá», máis aínda cando o Papa, neste tempo de profundos cambios no mundo do traballo, exhorta a que o traballo, como actividade creadora que outorga dignidade á persoa, sexa a clave esencial coa que situarse neste mundo, rapidamente cambiante, e axude a lograr unha «vida boa», evitando a precarización e o descarte de millóns de persoas, e favoreza o coidado da casa común.

 

NOTA DE PRENSA de HOAC (Irmadade Obreira de Acción Católica)