Listado de la etiqueta: Presentación libro

Vencer al cáncer y vivir para contarlo

La escritora asturiana Marta García de Castro (Avilés, 1966) presenta este jueves su libro La línea quebrada. Un libro en el que recoge los pensamientos y emociones que experimentó durante el tiempo que combatió contra el cáncer.

A través de sesenta reflexiones, la autora va desgranando sus vivencias en todo el largo proceso, desde las primeras sospechas, pasando por la confirmación médica, el miedo, el dolor y, finalmente, la esperanza y la alegría desbordada. Cada reflexión se acompaña de una fotografía realizada por la propia autora con la que se quiere resumir el espíritu del texto.

Marta García de Castro no ha querido escribir un libro de autoayuda. Tan solo ofrecer su personal visión de una enfermedad que todos tememos aún mucho. Y de paso, desdramatizar y, sobre todo, dar pistas sobre cómo acompañar a una persona diagnosticada de cáncer para evitar los comentarios improcedentes. Porque, como ella misma expresa, un enfermo no necesita remedios caseros ni acompañantes que estén llamando todos los días para interesarse por la evolución médica.

La autora reclama comprensión, no actitudes lastimeras. En este sentido, nos recuerda que “el dolor no se puede compartir”. También reclama discreción. Es decir, sólo el enfermo tiene derecho a contar su enfermedad a quien quiera y cuando crea oportuno.

La autora reconoce que la enfermedad le cambió la perspectiva del mundo y sus prioridades en la vida. Una vida que “nunca se recupera como antes porque es un trauma, y como todo trauma no se puede borrar. Solo se aprende a vivir con ello”.

La presentación será este jueves día 19 a las 19:30h en el aula magna del Seminario Mayor compostelano.

 

 

 

Presentación del libro “Caminar juntas y juntos. Soñar la Iglesia, vivir la misión”

O mércores 29 de maio ás 19:30 horas, no Fogar Santa Margarita (rúa Valle Inclán, 1) da Coruña, realízase a presentación pública do libro «Caminar juntas y juntos. Soñar la Iglesia, vivir la misión» (Ed. HOAC, 2023), unha obra coral que representa un paso significativo cara á comprensión e o avance da sinodalidade na Igrexa católica.

Convocado pola Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC) da diocese de Santiago, o acto público contará coa participación de Carme Soto, teóloga e autora do capítulo I, sobre os itinerarios bíblicos para a sinodalidad; con Maru Megina, presidenta xeral da HOAC, que exporá a visión, achega e a experiencia de sinodalidade deste movemento especializado da Acción Católica Española; e con Enrique Alarcón, participante no sínodo dos bispos sobre a sinodalidade e membro da FRATER. O acto será conducido polo xornalista e pofesor de comunicación audiviosual, José Videla.

 

A sinodalidade é un tema central na Igrexa, o sínodo que aborda esta cuestión concluirá en outubro deste ano no Vaticano. Caminar juntas y juntos. Soñar la Iglesia, vivir la misión é unha referencia esencial para entender, interpretar e profundar no momento en que se atopa a Igrexa, pero tamén para achegar importantes matices na reflexión sobre este tema e ampliar o horizonte á hora de atrevernos a soñar na Igrexa do século XXI.

A experiencia dun sínodo sobre a sinodalidade abriu un proceso, como gusta dicir a Francisco, cara a unha Igrexa que camiña xunta en misión. A achega coral que realizan os autores e as autoras subliñan a necesidade dunha Igrexa inclusiva, con maior protagonismo do pobo de Deus e a participación das mulleres na toma de decisións e a misión.

Nas súas páxinas, exponse varias prioridades, como a centralidade das persoas empobrecidas na vida e misión da Igrexa, a reforma sinodal do procedemento de nomeamento de bispos, a participación do laicado nos acordos eclesiais e a reforma litúrxica para unha maior participación do pobo de Deus.

O libro aborda diferentes temas relacionados coa sinodalidade na Iglesia, desde unha perspectiva bíblica, teolóxica, laical e misioneira. Destácase a importancia do diálogo, o consenso e a diversidade na Iglesia sinodal.

Tamén se menciona o papel da Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC) e a súa participación no proceso sinodal, así como o papel da Acción Católica especializada e a contribución das mulleres seglares na Igrexa.

O acto é aberto aos medios de comunicación interesados. Bibliotrailer https://www.youtube.com/watch?v=i9XAlTlfNIs

 

Índice do libro

 

  • Presentación por Maru Megina Navarro
  • Itinerarios bíblicos para a sinodalidade por Carme Soto Varela
  • Fundamentos teolóxicos da sinodalidade por Jesús Martínez Gordo
  • O laicado nunha Igrexa sinodal por Carmen Picou Guzmán
  • Sentir coa Igrexa sinodal. Igrexa e democracia por María Luisa Berzosa
  • Misión evanxelizadora e sinodalidade. O compromiso social por Pablo A. Xenovés Azpeitia
  • A Acción Católica especializada, sinodalidade encarnada por Fernando Díaz Abaixo
  • Recoñecemento e profecía das mulleres seglares na Igrexa católica. Claves eclesiolóxicas para unha sinodalidade equitativa por Silvia Martínez Cano
  • Liturxia e participación sinodal por Paula Depalma

 

 

Presentación do libro «No os dejéis robar la dignidad» sobre o papa Francisco e o traballo.

O próximo venres 12 de marzo ás 17 horas, mediante videoconferencia en Zoom e previa inscrición, preséntase o libro «No os dejéis robar la dignidad. El papa Francisco y el trabajo», de Abraham Canales (Ediciones HOAC, 2019).

No diálogo participará o autor do libro e director de Publicacións da HOAC. Está organizado pola Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC) das dioceses de Galicia en colaboración coa iniciativa Igrexa polo Traballo Decente.

Esta publicación, na súa segunda edición, é unha recompilación comentada de textos, a modo de compendio, que concreta o compromiso do papa Francisco co traballo decente, expresado en Evangelii gaudium e en Laudato si’, dúas das súas aportacións de referencia tanto para a Igrexa como para as «persoas de boa vontade» do planeta.

Unha constante que veu desenvolvendo nos distintos diálogos realizados coas organizacións dos traballadores e cos movementos populares; en diversas visitas pastorais; e nas principais institucións políticas, económicas y laborais. O libro foi presentado en diversas cidades do país cunha satisfactoria aceptación entre as persoas que asisten aos actos.

O autor participo u no III Encontro Mundial de Movementos Populares en diálogo co Papa Francisco e no encontro internacional «De Populorum progressio a Laudato si’. O traballo e o movemento dos traballadores no centro do desenvolvemento humano integral, sostible e solidario. Por que o mundo do traballo segue sendo a clave do desenvolvemento no mundo global?» que reuniu ao movemento sindical mundial co Dicasterio para o Servizo do Desenvolvemento Humano Integral do Vaticano.

«No os dejéis robar la dignidad» invita a mergullarse neste pensamento para seguir profundizando nel e comprometerse nesta «prioridade humana e cristiá», máis aínda cando o Papa, neste tempo de profundos cambios no mundo do traballo, exhorta a que o traballo, como actividade creadora que outorga dignidade á persoa, sexa a clave esencial coa que situarse neste mundo, rapidamente cambiante, e axude a lograr unha «vida boa», evitando a precarización e o descarte de millóns de persoas, e favoreza o coidado da casa común.

 

NOTA DE PRENSA de HOAC (Irmadade Obreira de Acción Católica)