A ratificación do Convenio e posterior aprobación da Real Decreto-lei 16/2022 que dá lugar a modificacións de distintas normativas relacionadas co traballo do fogar, supuxo un avance no recoñecemento de dereitos, sobre todo na histórica reivindicación do acceso á protección fronte ao desemprego. Pero quedáronse fóra outras reivindicacións que suporían unha verdadeira equiparación de dereitos laborais e de seguridade social, fundamentalmente todo o relativo ás condicións particulares que conleva o traballo de interna.
No seu manifesto, “Igualdade e Dignidade – A precariedade laboral escríbese en feminino” feito público con motivo do Día Internacional da Muller, a iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) reivindica un cambio na organización da sociedade onde o centro sexa a persoa e poida ter acceso a un traballo decente que supoña que mulleres e homes traballemos en igualdade, dignidade, liberdade e seguridade.
Por iso, séguese denunciando a desigualdade salarial que mantén ás mulleres en situación de inferioridade e desde ITD esíxese que se corrixan as desigualdades existentes tanto a nivel salarial como das situacións que as orixinan.
Fronte á situación dos mozos, ITD “atopa unha especial dificultade de acceso ao mercado laboral de mulleres novas”. Por iso, “pedimos políticas de emprego activas e pasivas vencelladas á educación para o emprego e dirixidas a reforzar as probabilidades de que as mozas atopen un emprego”.
Neste sentido, a iniciativa urxe a que o traballo que as mulleres realicen sexa socialmente recoñecido e goce das condicións laborais dun traballo decente.
Ante todo isto, “temos que situarnos noutra lóxica, habemos de afrontar a realidade do mundo obreiro e do traballo desde a fraternidade, da dignidade da persoa e o ben común. Situarnos na lóxica da defensa da dignidade do traballo e dun traballo con condicións dignas e saudables para as persoas que o realizan.”
Seguindo o lema “Igualdade e Dignidade – A precariedade laboral escríbese en feminino”, ITD únese ao constante chamamento do papa Francisco para poñer fin ás desigualdades das mulleres no mercado laboral, como a menor consideración dos riscos laborais nos traballos altamente feminizados e que traen problemas de saúde, e acabar coa brecha salarial, un “escándalo que os cristiáns deben rexeitar firmemente”, xunto coas consecuencias que todo iso carrexa, pide a iniciativa no seu manifesto.
***
A iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) comezou a súa andaina en 2014 e está formada por organizacións de inspiración católica e congregacións relixiosas, entre as que se atopan Cáritas, a Conferencia Española de Relixiosos (CONFER), a Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC), Xustiza e Paz, a Mocidade Estudante Católica (JEC) e a Mocidade Obreira Cristiá (JOC). O seu obxectivo é sensibilizar, visibilizar e denunciar unha cuestión esencial para a vida de millóns de persoas: o traballo humano e reivindicar o traballo decente «cara ao interior destas organizacións, cara á Igrexa en xeral e cara á sociedade».
***
DATOS SOBRE A MULLER TRABALLADORA EN ESPAÑA
.
- A brecha salarial de xénero é de 4.721 euros ano. A muller cobra un 20,9% menos que os homes As ocupacións que contan con maior salario medio están masculinizadas, mentres que as ocupacións con salarios baixos están feminizadas.
- Do total de persoas desempregadas 3.024.000, máis da metade son mulleres, 1.623.000. A taxa de emprego das mulleres diminúe a medida que teñen descendencia.
- O 75% da poboación asalariada en España a xornada parcial son mulleres.
- Hai 1.488.550 mulleres que xa non buscan emprego, para encargarse dos labores de coidado.
- En 2022, o 53% dos accidentes de traballo in itinere sufríronos mulleres.
Fuentes: Ministerio de Traballo e Economía Social. EPA. CCOO. www.noticiasobreras.es
***
MATERIALES DE LA CONVOCATORIA
Fuente: www.iglesiaporeltrabajodecente.org