«Igrexa polo Traballo Decente» no 8M, Día Internacional da Muller, denuncian a situación de desigualdade das mulleres e convocan unha vixilia.

 

Neste 8 marzo, Día Internacional da Muller», co lema «Por tí, polo meu traballo decente», as organizacións que forman parte da iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) na nosa diocese de Santiago de Compostela: Cáritas, Acción Católica General (ACG), CONFER, Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC), Salesianos Cooperadores (SSCC), Centro de Traballo e Cultura, Justicia e Paz, Juventud Estudiante Católica (JEC) e Juventud Obrera Cristiana (JOC), denuncian a situación de desigualdade que continúan sufrindo as mulleres e hoxe máis que nunca reclaman un traballo que supoña que mulleres e homes traballen en igualdade, dignidade, liberdade e seguridade.

E convídanos a todos a participar nunha vixilia de oración que terá lugar o xoves 7 de marzo ás 19:00 h. nas cidades de Coruña (Avda Calvo Sotelo, 2) e Santiago (Rúa da Ensinanza, 3)

Ademáis ITD aporta a esta cita un manifesto, un guion litúrxico Eucaristía e unha oración para celebracións na diócesis e nas parroquias.