As persoas comprometidas cunha teima, a do traballo decente

Varios membros da iniciativa «Igrexa polo Traballo Decente» da Diócese de Santiago de Compostela participaron no programa da TVG «Polo Camiño da fe», que co título «As persoas comprometidas cunha teima, a do traballo decente» emitiuse este pasado domingo 6 de decembro.

Neste programa Alfredo Losada (responsable da HOAC na diócese de Santiago), Anuncio Mouriño (director de Cáritas Interparroquial de Santiago) e Macamen Díaz (relixiosa da Compañia de María) falan da importancia e da necesidade de que todas as persoas, homes e mulleres, teñan un traballo digno.

Pódese ver este programa da TVG no seguinte enlace:

 

A «Igrexa polo traballo decente» e unha iniciativa que na diocese de Santiago de Compostela surdiu hai mais de 6 anos, e está constituida por varias entidades e asociacions laicales da Igrexa (Cáritas diocesana, CONFER, HOAC, Justicia y Paz, JEC, JOC, ACG, SSCC y ACdP) que traballan en equipo co fin de visibilizar a loita por conseguir que o traballo decente sexa cada día más real na vida das persoas e respetuoso coa casa común.

 

 

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *