Listado de la etiqueta: Publicación

«Chamada a liberación» por Alfredo Losada na Revista Diocesana «Barca de Santiago» nº 40.

Dentro da sección Seglares na Revista Diocesana «Barca de Santiago» nº40, o noso subdelegado de Apostolado Seglar Alfredo Losada escribiu o artículo en relación cos laicos e co Xubileu: «Chamada a liberación», no que nos invita a todas as persoas a colaborar e participar neste año do Xubileu para que comece a realizarse a salvación segundo a vontade de Deus para todos, e para iso é necesario poñernos en camiño desde as nosas comunidades parroquiais, loitando por situar á persoa no centro da vida.

 

Chamada á liberación

 

É sabido que o lema do Xubileu Compostelán é “Sal de tu tierra”. Cando, cara a onde e con que medios as persoas se poñen en camiño (“saír”) é algo sobre o que poden testemuñar moitos peregrinos.

Pero quizais os seglares da nosa diocese, ao sermos polo xeral máis acolledores que camiñantes, debamos sentirnos máis interpelados pola acepción da primeira palabra do lema do Ano Santo: ser “SAL” na nosa terra.

De aí que xa o Concilio Vaticano II insistira en que os laicos vivimos “en todos e cada un dos deberes e ocupacións do mundo, e nas condicións ordinarias da vida familiar e social” ” (LG 31)[1], estando “chamados a facer presente e operante á Igrexa naqueles lugares e circunstancias en que só pode chegar a ser sal da terra a través deles” (LG 33)[2].

O ano do xubileu non é soamente cousa de Deus ou de quen o proclamou, senón que neste xubileu pídesenos a todas as persoas colaborar e participar, para que comece a realizarse a salvación segundo a vontade de Deus para todos. E cal é a vontade de Deus? Fíxose carne en Xesús de Nazaret e o expresa o profeta: romper as cadeas inxustas, liberar aos oprimidos, romper todo xugo, repartir o teu pan co famento, acoller na túa casa aos pobres sen pobo, vestir ao espido (Cf. Is 58, 6-7).

Como facer iso? A tentación dos cristiáns segue a ser “separar a fe dos diversos ámbitos da vida: familia, profesión, economía, política..” (CLIM 146)[3], pero non cabe dúbida que os laicos e laicas somos “os novos samaritanos, protagonistas da nova evanxelización” (CLIM 148), capacitados para construír “un camiño de fraternidade, local e universal, só percorrido por espíritos libres e dispostos a encontros reais”[4].

Quizais neste punto poidamos sacar proveito de dous dos itinerarios claves do PosCongreso do laicado de febreiro de 2020 “Pobo de Deus en saída”[5]: Primeiro Anuncio e Acompañamento.

Sermos nos ambientes de traballo Primeiro anuncio dun Deus que non quere que haxa persoas que morren cando están a traballar (“é atentado á vida a morte no traballo por non respectar as mínimas condicións de seguridade”[6]) ou ser anuncio de “que a ninguén lle falte o traballo e que todos sexan xustamente remunerados e poidan gozar da dignidade do traballo e a beleza do descanso”[7].

E ao mesmo tempo, facer Acompañamento a quen está a sufrir, a quen non ten emprego, a quen ten unha vivenda precaria, a quen non chega a fin de mes. Porque “se a música do Evanxeo deixa de vibrar nas nosas entrañas, perderiamos a alegría que brota da compaixón, a tenrura que nace da confianza, a capacidade de reconciliación que atopa a súa fonte en sabernos sempre perdoados‒enviados (…) apagariamos a melodía que nos desafiaba a loitar pola dignidade de todo home e muller (…). Para nós, ese manancial de dignidade humana e de fraternidade está no Evanxeo de Xesucristo.” (FT 277)[8].

Poñámonos en camiño desde as nosas comunidades parroquiais, loitando por situar á persoa no centro da vida.

 

Alfredo Losada
Subdelegado de Apostolado Seglar
Archidiócese de Santiago de Compostela

 

[1]    Lumen Gentium, 31: http://www.vatican.va/archive/hist_councils/ii_vatican_council/documents/vat-ii_const_19641121_lumen-gentium_sp.html

[2]    Lumen Gentium, 33.

[3]    Cristianos laicos, Iglesia en el mundo, 146: https://aseglar.archimadrid.es/documentos/LOSCRISTIANOSLAICOS.pdf

[4]    Fratelli tutti, 50: http://www.vatican.va/content/francesco/es/encyclicals/documents/papa-francesco_20201003_enciclica-fratelli-tutti.html

[5]    Para máis información: https://www.pueblodediosensalida.com/

[6]    Discurso de Francisco, 30 maio 2015: http://www.vatican.va/content/francesco/es/speeches/2015/may/documents/papa-francesco_20150530_associazione-scienza-vita.html

[7]    Homilía de Francisco, 1 maio 2020: http://www.vatican.va/content/francesco/es/cotidie/2020/documents/papa-francesco-cotidie_20200501_illavoro-primavocazione-delluomo.html

[8]    Fratelli tutti, 277.

 

 

 

 

Publicado o Nº 40 da Revista Diocesana «Barca de Santiago»

Acabamos de deixar atrás un ano que nos sorprendeu con esta pandemia que nos toca vivir. Comezamos un novo ano 2021, Ano Santo Compostelano, que pola gracia do Papa Francisco se estenderá ao ano 2022, no que a vacina que se empeza a distribuír é un motivo de esperanza para a humanidade.

Nestes momentos tan distintos nos que nos toca vivir, invítasenos ao comezo deste Ano Santo a poñernos en camiño: “Sal da túa terra”, a facer unha peregrinaxe física pero tamén interior, a deixar atrás as nosas seguridades e comodidades para acadar a terra prometida, saír cara as periferias como nos invita reiteradamente Francisco, construíndo e acercando ese reino que nos presenta Marcos que está xa, pero aínda non, os preferidos do Señor, os que máis sofren.

Un tempo no que vivimos un Nadal diferente pero sen perder o misterio, “ o Deus connosco que se fixo home para camiñar ao noso carón, e que segue querendo nacer no corazón dos homes e mulleres de boa vontade que o queiran libremente acoller, para seguir sendo no medio da humanidade a luz que ilumine as nosas tebras e disipe os nosos medos.

Despois de abrir a Porta Santa dunha catedral rexuvenecida e resplandecente recordamos as verbas de San Juan Pablo II naquel viaxe de 1982:

Desde Santiago, te lanzo, vieja Europa, un grito lleno de amor: Vuelve a encontrarte. Sé tú misma. Descubre tus orígenes. Aviva tus raíces. Revive aquellos valores auténticos que hicieron gloriosa tu historia y benéfica tu presencia en los demás continentes.” “En el cristianismo se hallan aquellas raíces comunes de las que ha madurado la civilización del continente

Que Santa María e o Apóstolo Santiago intercedan por nós ao comezo deste Ano Santo Compostelano e que se cumpran nas nosas vidas os mellores desexos que levamos no noso corazón.

Barca de Santiago Nº 40 (PDF)

Abrir la Puerta Santa: Caminar en la esperanza
por  D. Julián Barrio

Editorial: Ano Santo Compostelano
por Josecho López Moldes

La Casa del Señor Santiago
por  Daniel C. Lorenzo Santos 

Cerimonia da Apertura da Porta Santa
por Rafael C. Casás Salgado

La Palabra de Dios en la Liturgia (Ciclo B)
por José Fernández Lago

Año Santo Compostelano. Tiempo de gracia
Por Francisco J. Buide del Real

Chamada á liberación
por Alfredo Losada

Una historia de Navidad
por Fátima Noya

Un año para la  esperanza
por Javier García Sánchez

Una lectura católica de la Peregrinación: no perder la identidad
por J. Aguado

Aprendendo  co Pelegrín
por José A. Seoane

La Acogida en el Centro Internacional de Acogida al Peregrino
por María  Neira¡

PEJ 2021
por  Javier García

 

Fuente: Página web de la Revista Diocesana “Barca de Santiago”

Publicado Nº 39 Revista Diocesana “Barca de Santiago”

Conscientes do momento histórico que atravesamos por mor da covid-19, neste número da Barca de Santiago queremos achegarnos a ese “monotema” que nos afectou nos últimos meses, ás diversas maneiras de vivir e planter esta nova realidade ou nova normalidade e alviscar a nova etapa pastoral que, dalgún xeito, tamén terán que verse renovada.

Porque esta situación removeu as nosas vidas e, posiblemente, a nosa maneira de situarnos diante da realidade, tamen no plano pastoral. A principal pregunta que nos facemos moitos sería… “E agora, que?” “Como afrontamos estas novas circunstancias?”

Primeiro, toca botar unha ollada atrás e ter un recordo para as persoas que perderon a vida ou sufriron a enfermidade e para as suas familias. Tamén cómpre agradecer o labor desinteresado de tantas persoas que se solidarizaron cos máis desfavorecidos, a través de Caritas e doutras institucións. Sen esquecer a oración calada que tantas persoas elevaban ao noso Pai Creador no recollemento das súas casas.

Entre todos formamos esa Igrexa peregrina que non estaba oculta senón presente doutra maneira e unida en comunión. “E agora, que?” Transfigurar as nosas vidas, recordando a nosa fraxilidade e, coma crentes, replantexar a nova evangelización, que necesita de persoas de verdadeira fe, presentes no mundo para dar testemuño de Cristo Resucitado coa sua vida. Facelo presente na Comunidade unida que anuncia, celebra e se compromete nesta nova normalidade. Aquí e agora temos que seguir construindo o reino de Deus.

Xuntos, temos que dar cabida a tódalas realidades que xurdiron e xorden para levar a Vida e a Palabra de Xesucristo aos homes e mulleres de boa vontade que a queiran acoller no seu corazón. Non queremos esquecernos de Don Xesus, o noso Bispo auxiliar ata fai pouco, e desexarlle que sexa un bo pastor fiel e solícito na súa nova diocese de Astorga.

 

 

Página web de la Revista Diocesana “Barca de Santiago”

Barca de Santiago Nº 39 (PDF)

Una gran prueba y una gran oportunidad
por D. Julián Barrio

Editorial: Marcados por unha pandemia
por Josecho Moldes

Un programa para la post-crisis del Covid-19
por Mons. Jesús Fernández

Voces de Esperanza
por Delegación de Medios

Gracias por su testimonio y su tiempo
por Javier Aguado

Una mirada al mundo desde la pantalla
por Antonio Gutiérrez

La experiencia del COF diocesano durante el confinamiento
por COF

Coronavirus experience
por Roberto Freire

Centro de escucha: Recomenzar
por Mª Jesús Rodríguez

“Tiempo COVID”: un kairós
por Montse y Javier

El otro claustro: Benedictinas
por Monjas Benedictinas

El otro claustro: Carmelitas
por Monjas Carmelitas

El hombre del tiempo del COVID
por José Fdez. Lago

El rincón del cofrade
por José Luis Viña

Tiempo de esperanza esperanzada
por Fray Francisco Castro

El coronavirus no para la catequesis
por Delegación de Catequesis

Tres parámetros de planificación
por Fátima Noya

Principios de la campaña “la catequesisno se para, se queda en casa”
por Ana María Limes

Cáritas: Al servicio de los más necesitados
por Javier García

El día después
por Javier García

Economato: El primer salvavidas
por Pilar Farjas

Iglesia sirve: viento a favor
por Alfonso Fernández

La Capilla Virtual de la UP Milladoiro, Teo e Contorna
por Rafel Rodríguez

O traballo e a COVID-19
por Alfredo Losada

 

 

Fuente: www.archicompostela.es