«Chamada a liberación» por Alfredo Losada na Revista Diocesana «Barca de Santiago» nº 40.

Dentro da sección Seglares na Revista Diocesana «Barca de Santiago» nº40, o noso subdelegado de Apostolado Seglar Alfredo Losada escribiu o artículo en relación cos laicos e co Xubileu: «Chamada a liberación», no que nos invita a todas as persoas a colaborar e participar neste año do Xubileu para que comece a realizarse a salvación segundo a vontade de Deus para todos, e para iso é necesario poñernos en camiño desde as nosas comunidades parroquiais, loitando por situar á persoa no centro da vida.

 

Chamada á liberación

 

É sabido que o lema do Xubileu Compostelán é “Sal de tu tierra”. Cando, cara a onde e con que medios as persoas se poñen en camiño (“saír”) é algo sobre o que poden testemuñar moitos peregrinos.

Pero quizais os seglares da nosa diocese, ao sermos polo xeral máis acolledores que camiñantes, debamos sentirnos máis interpelados pola acepción da primeira palabra do lema do Ano Santo: ser “SAL” na nosa terra.

De aí que xa o Concilio Vaticano II insistira en que os laicos vivimos “en todos e cada un dos deberes e ocupacións do mundo, e nas condicións ordinarias da vida familiar e social” ” (LG 31)[1], estando “chamados a facer presente e operante á Igrexa naqueles lugares e circunstancias en que só pode chegar a ser sal da terra a través deles” (LG 33)[2].

O ano do xubileu non é soamente cousa de Deus ou de quen o proclamou, senón que neste xubileu pídesenos a todas as persoas colaborar e participar, para que comece a realizarse a salvación segundo a vontade de Deus para todos. E cal é a vontade de Deus? Fíxose carne en Xesús de Nazaret e o expresa o profeta: romper as cadeas inxustas, liberar aos oprimidos, romper todo xugo, repartir o teu pan co famento, acoller na túa casa aos pobres sen pobo, vestir ao espido (Cf. Is 58, 6-7).

Como facer iso? A tentación dos cristiáns segue a ser “separar a fe dos diversos ámbitos da vida: familia, profesión, economía, política..” (CLIM 146)[3], pero non cabe dúbida que os laicos e laicas somos “os novos samaritanos, protagonistas da nova evanxelización” (CLIM 148), capacitados para construír “un camiño de fraternidade, local e universal, só percorrido por espíritos libres e dispostos a encontros reais”[4].

Quizais neste punto poidamos sacar proveito de dous dos itinerarios claves do PosCongreso do laicado de febreiro de 2020 “Pobo de Deus en saída”[5]: Primeiro Anuncio e Acompañamento.

Sermos nos ambientes de traballo Primeiro anuncio dun Deus que non quere que haxa persoas que morren cando están a traballar (“é atentado á vida a morte no traballo por non respectar as mínimas condicións de seguridade”[6]) ou ser anuncio de “que a ninguén lle falte o traballo e que todos sexan xustamente remunerados e poidan gozar da dignidade do traballo e a beleza do descanso”[7].

E ao mesmo tempo, facer Acompañamento a quen está a sufrir, a quen non ten emprego, a quen ten unha vivenda precaria, a quen non chega a fin de mes. Porque “se a música do Evanxeo deixa de vibrar nas nosas entrañas, perderiamos a alegría que brota da compaixón, a tenrura que nace da confianza, a capacidade de reconciliación que atopa a súa fonte en sabernos sempre perdoados‒enviados (…) apagariamos a melodía que nos desafiaba a loitar pola dignidade de todo home e muller (…). Para nós, ese manancial de dignidade humana e de fraternidade está no Evanxeo de Xesucristo.” (FT 277)[8].

Poñámonos en camiño desde as nosas comunidades parroquiais, loitando por situar á persoa no centro da vida.

 

Alfredo Losada
Subdelegado de Apostolado Seglar
Archidiócese de Santiago de Compostela

 

[1]    Lumen Gentium, 31: http://www.vatican.va/archive/hist_councils/ii_vatican_council/documents/vat-ii_const_19641121_lumen-gentium_sp.html

[2]    Lumen Gentium, 33.

[3]    Cristianos laicos, Iglesia en el mundo, 146: https://aseglar.archimadrid.es/documentos/LOSCRISTIANOSLAICOS.pdf

[4]    Fratelli tutti, 50: http://www.vatican.va/content/francesco/es/encyclicals/documents/papa-francesco_20201003_enciclica-fratelli-tutti.html

[5]    Para máis información: https://www.pueblodediosensalida.com/

[6]    Discurso de Francisco, 30 maio 2015: http://www.vatican.va/content/francesco/es/speeches/2015/may/documents/papa-francesco_20150530_associazione-scienza-vita.html

[7]    Homilía de Francisco, 1 maio 2020: http://www.vatican.va/content/francesco/es/cotidie/2020/documents/papa-francesco-cotidie_20200501_illavoro-primavocazione-delluomo.html

[8]    Fratelli tutti, 277.