Listado de la etiqueta: Xornada Apostolado Segrar

23 de Maio de 2026 | Xornada festiva do Apostolado Segrar na Arquidiocese de Santiago de Compostela. Ven a celebralo connosco !

A Delegación para o Laicado da Arquidiocese de Santiago de Compostela organiza unha XORNADA DIOCESANA con motivo do «DÍA DA ACCIÓN CATÓLICA E DO APOSTOLADO SEGRAR», este ano 2026 co lema «POBO DE DEUS QUE SAE Ó ENCONTRO».

 

Será unha xornada festiva, aberta e gratuita, que terá lugar o vindeiro sábado 23 de maio na parroquia Bo Pastor de Monteporreiro, pertencente a UPA Pontevedra Norte, en Pontevedra (Rúa de Bélxica, 19)

 

Dará comenzo ás 10:30 da mañá e rematará ás 19:00 da tarde coa Eucaristía da Celebración da Vixilia de Pentecoste na igrexa de O Bo Pastor de Monteporreiropresidida polo noso arcebispo D. Francisco Prieto.

Con un Xantar compartido (cada un trae unha cousa para compartir)

Haberá actividades para os nenos, de 11:00 a 14:00 h y de 16:00 a 18:00 h.

 

programa será o seguinte:

  • 10:30 h. Acollida
  • 11:00 h. Oración
  • 11:30 h. Ponencia por D. Carlos Nottaro (Delegado de Migracións da Diocese Tui-Vigo)
  • 12:15 h. Descanso-Café
  • 12:45 h. Traballo por grupos
  • 14:00 h. Xantar compartido
  • 16:00 h. Magazine con mesa de experiencias sobre acompañamento a persoas migrantes, maiores,… animado polo cantautor Xaquín R. Pomares
  • 18:15 h. Xesto público
  • 19:00 h. Eucaristía-Vixilia de Pentecoste  (presidida polo arcebispo D. Francisco Prieto)

 

Podes inscribirte a nivel individual ou en grupo no seguinte enlace:

 

 

Sen dúbida será unha gran xornada festiva!

Contamos contigo!

Compárteo cos teus !

Descargar en PDF