23 de Maio de 2026 | Xornada festiva do Apostolado Segrar na Arquidiocese de Santiago de Compostela. Ven a celebralo connosco !
A Delegación para o Laicado da Arquidiocese de Santiago de Compostela organiza unha XORNADA DIOCESANA con motivo do «DÍA DA ACCIÓN CATÓLICA E DO APOSTOLADO SEGRAR», este ano 2026 co lema «POBO DE DEUS QUE SAE Ó ENCONTRO».
Será unha xornada festiva, aberta e gratuita, que terá lugar o vindeiro sábado 23 de maio na parroquia Bo Pastor de Monteporreiro, pertencente a UPA Pontevedra Norte, en Pontevedra (Rúa de Bélxica, 19).
Dará comenzo ás 10:30 da mañá e rematará ás 19:00 da tarde coa Eucaristía da Celebración da Vixilia de Pentecoste na igrexa de O Bo Pastor de Monteporreiro , presidida polo noso arcebispo D. Francisco Prieto.
Con un Xantar compartido (cada un trae unha cousa para compartir)
Haberá actividades para os nenos, de 11:00 a 14:00 h y de 16:00 a 18:00 h.
O programa será o seguinte:
- 10:30 h. Acollida
- 11:00 h. Oración
- 11:30 h. Ponencia por D. Carlos Nottaro (Delegado de Migracións da Diocese Tui-Vigo)
- 12:15 h. Descanso-Café
- 12:45 h. Traballo por grupos
- 14:00 h. Xantar compartido
- 16:00 h. Magazine con mesa de experiencias sobre acompañamento a persoas migrantes, maiores,… animado polo cantautor Xaquín R. Pomares
- 18:15 h. Xesto público
- 19:00 h. Eucaristía-Vixilia de Pentecoste (presidida polo arcebispo D. Francisco Prieto)
Podes inscribirte a nivel individual ou en grupo no seguinte enlace:
Sen dúbida será unha gran xornada festiva!
Contamos contigo!
Compárteo cos teus !










