Xornada das Migracións 2020
O vindeiro DOMINGO 27 DE SETEMBRO celébrase en toda a Igrexa a XORNADA DAS MIGRACIÓNS, convocada polo Papa Francisco. Este ano adícasella aos desplazados internos, co lema “Como Xesucristo, obrigados a fuxir”.
Compartimos material para a reflexión individual e nas parroquias, e para a celebración da propia Xornada, que nos sensibilice na realidade de tantas persoas que, coma Xesús e a súa familia, teñen que fuxir e o drama humano que iso significa:
- Carta Pastoral do Arcebispo de Santiago de Compostela: “Ante o espello de Migrantes e Refuxiados”
- Mensaxe íntegra do Papa: “Como Xesucristo, obrigados a fuxir. Acoller, protexer, promover e integrar aos desprazados internos” en pdf.
- Folleto coa mensaxe do Papa resumida.
- Videos do Papa “Como Xesucristo, obrigados a fuxir”: Coñecer para comprender // Achegarse para servir // Escoitar para reconciliarse // Compartir para crecer // Involucrar para promover // Colaborar para construir
- Carteis en galego e castelán.
- Outros materiais
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir