Carta Pastoral do Arcebispo de Santiago de Compostela no Día do Corpus Christi. 14 xuño 2020

 

“Adoremos o Santísimo Sacramento”

 

Queridos diocesanos:

A solemnidade do Corpus Christi anímanos a afondar o que a Eucaristía significa na Igrexa para a vida dos crentes en Cristo. Este ano oriéntanos o lema: “Sentado á mesa con eles” (Lc 24,18), lembrando a pasaxe dos discípulos de Emaús.

O Señor no camiño da pandemia

Tamén nestas circunstancias “o Señor, compadecido da nosa enfermidade pandémica, da nosa desesperanza e soidade, convídanos a atoparnos con El no camiño e a sentar a comer á súa mesa. Espera así que, unidos a El, nos convertamos en testemuñas da fe, forxadores de esperanza, promotores de fraternidade e construtores de solidariedade no medio desta situación tan dolorosa que estamos a atravesar”[1]. Neste horizonte é oportuno lembrar que “a Igrexa vive da Eucaristía. Esta verdade non expresa soamente unha experiencia cotiá de fe, senón que encerra en síntese o núcleo do misterio da Igrexa. A sagrada Eucaristía, en efecto, contén todo o ben espiritual da Igrexa, é dicir, Cristo mesmo, a nosa Pascua e Pan de Vida, que dá a vida aos homes por medio do Espírito Santo. Por tanto a mirada da Igrexa diríxese continuamente ao seu Señor, presente no Sacramento do altar, no cal descobre a plena manifestación do seu inmenso amor”[2]. A Eucaristía, “misterio da nosa fe”, revitaliza a nosa condición cristiá. A solemnidade do Corpus Christi é especialmente un día de loanza e de adoración, de gratitude e de súplica a quen intercede constantemente por nós  ante Deus Pai (cf. Rm 8,34) e que quixo quedar connosco ata o fin dos tempos (cf. Mt 28, 20), dicíndonos que “calquera cousa que fagamos aos demais a El lla facemos” (cf. Mt 25,40). Este ensino de Xesús lévanos a recoñecelo no rostro de todas as persoas, sobre todo nas máis necesitadas que a sociedade deixou ao carón na cultura do descarte.

Eucaristía e Caridade

“Non podemos enganarnos: polo amor recíproco e, en especial, polo desvelo polo necesitado seremos recoñecidos como discípulos auténticos de Cristo (cf. Xn 13,35; Mt 25, 312-46). Este é o criterio básico mercé ao cal se comprobará a autenticidade das nosas celebracións eucarísticas”[3]. Participar na Eucaristía implica asumir o compromiso de vivir en comuñón cos demais, non esquecendo a dimensión social e caritativa da nosa fe. “No corazón do Evanxeo está a vida comunitaria e o compromiso cos outros”. Neste sentido, Caritas é a mesma Igrexa, co seu carácter comunitario e, por tanto a prolongación da manifestación de amor de Xesucristo. Ha de ser factor de animación da comunidade e na comunidade, proxectándose cara á sociedade co anuncio salvífico e os xestos proféticos, como luz posta no candeeiro, e urxíndonos cara a un efectivo amor fraterno con cada ser humano.

Día da Caridade

A Igrexa en España, ao escoitar os latexos do corazón de cada persoa que sempre é sagrada, fai coincidir coa solemnidade do Corpus o Día da Caridade, convidándonos a transformar a realidade na que nos atopamos. Neste senso, ocupan un lugar privilexiado os pobres. O amor a estes é evanxeo que acolle, abraza, e libera. A opción polos pobres é “como unha forma especial de primacía no exercicio da caridade cristiá, da cal dá testemuño toda a tradición da Igrexa”[4]. Así se percibe a relevante dimensión do compromiso caritativo, parte integrante do anuncio da obra salvadora e liberadora de Xesús. O pobre interpélanos e axúdanos a evanxelizarnos. Como pobo que peregrina cara a Deus, a acción caritativa ha de realizarse na Igrexa, coa Igrexa e ao servizo da Igrexa, “que sen deixar de gozarse coas iniciativas dos demais, reivindica para si as obras de caridade como deber e dereito propio que non pode allear”[5]. Quen acolleu o amor de Deus, sente a necesidade de manifestalo a través das súas obras. Por iso, “quen queira vivir con dignidade e plenitude non ten outro camiño máis que recoñecer o outro e buscar o seu ben”[6].

Agradecéndovos vosa xenerosa colaboración económica con Cáritas para axudar os necesitados, saúdavos con todo afecto e bendí no Señor,

 

+ Julián Barrio Barrio,
Arcebispo de Santiago de Compostela.

 

[1] Mensaxe da Subcomisión episcopal de acción caritativa e social, 2020, 1.

[2] XOÁN PAULO II, Ecclesia de Eucharistía, 1.

[3] XOÁN PAULO II, Mane nobiscum Domine, 28.

[4] FRANCISCO, Evangelii gaudium, 198.

[5] Concilio Vaticano II, Decreto “Apostolicam actuositatem”, 8.

[6] XOÁN PAULO II, Mane nobiscum Domine, 9.

 

 

Fuente: www.archicompostela.es

14 Junio, Corpus Christi. Mensaje de los obispos de la CEE.

Los obispos de la Subcomisión Episcopal de Acción Caritativa y Social nos presentan un MENSAJE con motivo de la festividad del CORPUS CHRISTI, Día de la Caridad, que se celebrará el próximo domingo 14 de junio, bajo el título:

“Sentado a la mesa con ellos (Lc 24, 18) ” .

 

Os ofrecemos el mensaje completo:

 

Leer más

Monseñor Barrio presidirá un solemne funeral por el eterno descanso de las víctimas de la pandemia en Galicia, junto a los obispos de la Provincia Eclesiástica de Santiago

  • La ceremonia tendrá lugar este sábado día 13 de junio en la compostelana Iglesia de San Francisco a partir de las 12:00 horas

El arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá este próximo sábado día 13 de junio un solemne funeral por el eterno descanso de las víctimas en Galicia de la pandemia del coronavirus. La ceremonia tendrá lugar a partir de las 12:00 horas en la Iglesia de San Francisco. Concelebrarán con el arzobispo todos los obispos de la Provincia Eclesiástica de Santiago. Al acto asistirán familiares de los fallecidos a consecuencia del Covid 19 y distintas autoridades civiles, encabezadas por el presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. El templo tendrá, de acuerdo con los protocolos establecidos, un aforo limitado para garantizar el cumplimiento de las medidas de separación entre personas. Televisión de Galicia tiene previsto retransmitir la ceremonia religiosa.

 

Fuente: www.archicompostela.es