Seguimos en sínodo. ¿Quieres participar en la Etapa Continental del Sínodo?

Desde o equipo sinodal diocesano, convidamos a todas as persoas, en especial aos grupos sinodais, para que participedes de forma activa na Fase Continental do Sínodo Por unha Igrexa sinodal: participación, comuñón, misión.

Seguimos en Sínodo. Agora na fase continental pídesenos de novo escoitarnos e escoitar ao Espírito e facer un discernimento comunitario nun clima orante, como na fase diocesana, a partir de tres preguntas. Convídasenos de novo a unha conversión misioneira que nos permita camiñar xuntos para anunciar o evanxeo.

Para o traballo en grupo recoméndase adicar alomenos unha reunión a esta fase. Sendo necesaria unha previa lectura reflexiva e orante do Documento da Etapa Continental (en diante, DEC) a nivel persoal, e o posterior envío da síntese tras un diálogo fraterno na reunión.

Podedes facernos chegar esta síntese, cunha páxina como máximo, ANTES do 13 de XANEIRO de 2023 a este enderezo: sinodo21_23@archicompostela.org poñendo o nome do grupo e a parroquia, asociación ou movemento que pertence.

Por iso, facilitamos unha sinxela Guía de Traballo, que podedes descargar e distribuir nos grupos sinodais.