Encontro PROfes en Camiño

 

Información sobre o encontro PROfes en Camiño, que terá lugar o sábado 30 de abril de 9.30 h. a 18.00 h. no Colexio Maior Xelmírez de Santiago.

Esta proposta, organizada por Escolas Católicas de Galicia, vai dirixida a toda a comunidade educativa e, especialmente, ao profesorado de Relixión e a todos os axentes de Pastoral.

O programa ofrece unha combinación de contidos pedagóxicos ao redor da materia de Relixión xunto cos culturais e afectivo-emocionais neste Ano Santo compostelán. Unha xornada que, ademais, facilitará o encontro, a amizade e o intercambio de experiencias coa Eucaristía na Catedral e cos momentos de lecer como son o café e xantar.

O custo desta xornada será de 60 euros (inclúe café e xantar).

Podedes inscribirvos neste enlace: PROFES EN CAMIÑO . Data límite de inscrición: 26 abril

Máis información en https://www.escolascatolicas.es/encontro-profes-en-camino-2/

 

Fuente: escolascatolicas.es