¿Queres facer algo diferente este verán? Apúntache á III Escola de Voluntariado de Manos Unidas Galicia
A Escola de voluntariado de Manos Unidas Galicia é unha proposta formativa e vivencial dirixida a mozas e mozos galegos de entre 16 e 25 años, que pretende dotarlles de ferramentas e capacidades para o traballo en favor da Axenda 2030, mellorando a comprensión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e do papel fundamental que a cidadanía, a través do voluntariado, ten para lograr superar as inxustizas e desigualdades existentes na actualidade.
A escola de voluntariado conta coa contribución da Fundación KR, no marco da iniciativa CIDSE «Change for the Planet – Care for People».
A escola de voluntariado desenvolverase como un campamento de voluntariado para a sostenibilidade, nas instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña) durante os días 21 ao 24 de xullo.
O campamento ten un prezo de 40,00 euros, que inclúe o aloxamento, pensión completa desde a comida do día 21 á comida do día 24, a contratación do seguro e a posibilidade de transporte desde Santiago de Compostela a Vilasantar, para aqueles que o necesiten.
O proceso de inscrición finaliza o 15 de xullo.
Mais información en educación.galicia@manosunidas.org
Díptico da III Escola de Voluntariado de Manos Unidas. Galicia.