Jornada Mundial por el Trabajo Decente. Manifiesto de la iniciativa «Iglesia por el trabajo decente» de la diócesis de Santiago.

Con motivo de la Jornada Mundial por el Trabajo Decente, que se celebra el 7 de octubre, desde la iniciativa «Iglesia por el Trabajo Decente» de la diócesis de Santiago nos comparten el siguiente manifiesto y guión litúrgico:

  • Manifiesto Jornada Mundial por el Trabajo Decente, 7 de octubre 2020.-  castellano (descargar aquí)
  • Manifesto Xornada Mundial polo Traballo Decente, 7 de outubro 2020.-  galego (descargar aquí)
  • Guión litúrgico  Eucaristia. Jornada Mundial por el Trabajo Decente. Domingo 4 octubre 2020.- castellano (descargar aquí)
  • Guión litúrxico Eucaristía. Xornada Mundial polo Traballo Decente. Domingo 4 outubro 2020.- galego (descargar aquí)
  • Cartel nº 1 Jornada Mundial por el Trabajo Decente (descargar aquí)
  • Cartel nº 2 Jornada Mundial por el Trabajo Decente (descargar aquí)

 

Xornada Mundial polo Traballo Decente, 7 de outubro 2020

MANIFESTO DA INICIATIVA IGREXA POLO TRABALLO DECENTE (ITD)

MOVÉMONOS POLO TRABALLO DECENTE


Por sexto ano consecutivo, as organizacións que integramos a Iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) reivindicamos e celebramos o 7 de outubro, a Xornada Mundial polo Traballo Decente, para facer visible a precariedade que sofre o mundo do traballo, aumentada pola situación de emerxencia sanitaria provocada pola pandemia mundial da COVID-19. A crise da pandemia puxo de relevo as debilidades estruturais do Estado de benestar en España e a necesidade do traballo decente para o desenvolvemento dunha sociedade fraterna. Esta crise ensinounos que se pode consumir menos e mellor, que o servizo daqueles oficios menos valorados, social e economicamente son os que sosteñen a vida e o coidado comunitario.

A realidade en que nos atopamos está a visibilizar as consecuencias dun modelo produtivo incapaz de xerar emprego con alto valor engadido e marcado polas altas taxas de precariedade laboral. Con empregos que se destrúen, cifras de ERTE e paro disparadas, protección social que non está a chegar a quen ten dereito (como no caso do ingreso mínimo vital ou a prestación para as empregadas de fogar) e miles de persoas sen posibilidade de acceso á mesma por exercer a súa actividade na economía mergullada. Demasiados empregos considerados esenciais manteñen condicións laborais tan precarias que algunhas veces rozan a vulneración de dereitos e moitas a imposibilidade do sostemento da vida. Isto está a supoñer que multitudes se vexan abocadas a acudir aos servizos sociais públicos aos recursos sociais das organizacións da Igrexa ou á axuda das comunidades parroquiais e veciñais para poder subsistir. É aquí onde se manifestou a maior experiencia de solidariedade e apoio común que descubrimos nesta circunstancia tan extraordinaria, unha experiencia de unidade na adversidade que fixo que nos movamos polo ben común. Temos que valorar o traballo humano na medida que nos dignifica como fillas e fillos de Deus, corresponsables co coidado da vida e a creación.

“Hoxe empecei a traballar, o primeiro día de traballo foi duro. No meu contrato figura unha xornada real de catro horas e media, e en realidade foron case nove…, con moita presión por parte do xefe, e case ningunha comunicación”. Este podería ser o caso de calquera persoa, home ou muller, nova ou adulta…, con necesidade dun salario para poder comer, vivir, sustentar a unha familia… Sensibles a esta realidade, somos conscientes que necesitamos movernos en comunidade, axuntar esforzos, buscar apoios e seguir reclamando un traballo decente e de xustiza social que faga oír a nosa voz nos nosos barrios, ante as organizacións sindicais e nas institucións de goberno.

Ante estas situacións necesitamos alzar a voz, pelexar e loitar cada vez con máis forza para que o traballo decente sexa posible, necesitamos unha esperanza que nos permita ver o horizonte a través destas situacións que padece o mundo do traballo. Movémonos polo traballo decente, móvete connosco porque este compromiso humanízanos.

Urximos a adoptar as medidas necesarias para conseguir que o traballo decente sexa unha realidade accesible para todas as persoas, con condicións que permitan manter unha vida digna e que a protección social chegue a todas as persoas que o necesitan.

Por iso, nesta Xornada Mundial, en Igrexa polo Traballo Decente, movémonos e reivindicamos:

  • Apostar por un novo sistema produtivo, capaz de xerar empregos con alto valor engadido e que poña á persoa no centro.
  • Lograr o recoñecemento social e laboral dos empregos esenciais para a vida e que estes teñan unhas condicións laborais dignas que permitan ás persoas saír da pobreza.
  • Recoñecer o dereito á protección social sen que estea supeditado á vida laboral.
  • Garantir que o ingreso mínimo vital sexa unha realidade para as persoas que o necesitan, dotando ás institucións dos recursos necesarios para a súa xestión.
  • Asegurar a percepción do subsidio extraordinario ás traballadoras de fogar e que se recoñeza o seu dereito á prestación por desemprego do mesmo xeito que para o resto de persoas traballadoras.

Como movementos de Igrexa, en ITD traballamos en equipo co fin de visibilizar a loita por conseguir que o traballo decente sexa cada día máis real na vida das persoas e respectuoso coa casa común. “Para a Igrexa non se trata soamente de predicar o Evanxeo…, senón de alcanzar e transformar coa forza do Evanxeo…” (Paulo VI)

Animámosvos a participar nos actos reivindicativos e celebrativos en todas as prazas e parroquias das dioceses, na súa organización e difusión.

 

 

 

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *