1º Maio 2021: «Agora máis que nunca: Traballo Decente!»

 

Nunha nota de prensa co motivo da celebración do Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, a iniciativa «Igrexa polo Traballo Decente» advirte que a pandemia debilita o dereito ao traballo e pon en crise o pacto social e a democracia. Ademáis, insta a garantir o acceso a medidas de protección social para quen non poida traballar ou as súas condicións laborais non lles permitan chegar “a fin de mes”, e reclama un amplo diálogo para configurar un novo contrato social baseado na centralidade da persoa, o traballo decente e o coidado do planeta.

Baixo o lema AGORA MÁIS QUE NUNCA: TRABALLO DECENTE!”, esta iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD), lanza un Manifesto con motivo do 1º de Maio no que alerta como o impacto da pandemia está a debilitar o dereito ao traballo, e empobrecendo, precarizando e descartando a millóns de traballadores.

Asinan o manifesto as entidades de inspiración cristiá que impulsan en España esta iniciativa: Cáritas, Conferencia Española de Religiosos, CONFER, Hermandad Obrera de Acción Católica, HOAC, Justicia y Paz, Juventud Estudiante Católica JEC e Juventud Obrera Cristiana JOC .

.
Cambiar o sistema produtivo para pór ás persoas no centro

Para ITD, esta profunda crise pon de relevo a necesidade dun cambio de sistema produtivo, baseado en traballos que acheguen valor, suxeitos a unhas condicións laborais dignas, e onde as persoas estean no centro. É urxente subliñar, nese sentido, a importancia do traballo como actividade humana que acrecenta a dignidade de cada persoa e das súas familias, á vez que participamos no coidado do conxunto da sociedade e do planeta.

O Manifesto denuncia a destrución no último ano de miles de empregos e que moitos dos ERTE postos en marcha resolvéronse en despedimentos. Así mesmo, os empregos considerados esenciais –moitas veces exercidos en condicións precarias, tanto a nivel laboral como de protección sanitaria—, tampouco se viron recoñecidos nunha mellora das súas condicións. “E as medidas de protección social deseñadas para paliar os efectos da crise –afírmase— non chegaron ás persoas que máis o necesitan, como tampouco sucedeu co subsidio temporal previsto para as traballadoras do fogar ou o ingreso mínimo vital”.

Outra das consecuencias sociais da pandemia é o agravamento das condicións de pobreza entre a poboación migrante en situación administrativa irregular, onde o desemprego e a economía informal son maioritarios, sen posiblidades de acceso ao sistema de protección.

Ante este panorama, ITD insta “agora máis que nunca a adoptar as medidas necesarias para conseguir que o traballo decente sexa unha realidade accesible para todas as persoas, con condicións que permitan manter unha vida digna e unha protección social que chegue a todas as persoas que o necesitan”. No manifesto expóñense algunhas medidas urxentes para reconducir a situación.

Xunto coas mobilizacións e actos de rúa convocados para o 1º de Maio , a ITD tamén convida a celebrar neste Primeiro de Maio mediante xestos de oración persoal ou comunitaria, xunto a unha “mobilización dos balcóns” para dar visibilidade a estas reivindicacións nas xanelas dos nosos domicilios. A mobilización en redes sociais levarase a cabo co hashtag: #AhoraMásqueNuncaTrabajoDecente

 

Ver Nota de Prensa ITD 1ª Maio 2021

 

Ver Manifesto ITD 1ª Maio 2021

 

Ver Guión Litúrxico ITD 1º Maio 2021