Ven e vive connosco este Retiro Diocesano de Advento 2025.

O vindeiro sábado 29 de novembro, as delegacións para o Laicado, Catequese, Pastoral Penitenciaria, Familia, Misións, o Departamento para a Causa dos Santos e Cáritas Diocesana da Arquidiocese de Santiago de Compostela organizamos na Parroquia de San Xosé do Milladoiro un

RETIRO DIOCESANO DE ADVENTO.

Unha oportunidade para quen desexe vivir un momento de oración e preparación espiritual cara ao Nadal, reflexionando sobre o verdadeiro sentido do Advento. 

O horario será o seguinte:

10:00 Acollida
10:30 Primeira disertación
Reflexión persoal
12:45 Posta en común
13:45 Hora tercia
14:00 Xantar de compartir
15:30 Segunda disertación
Reflexión persoal
18:00 Posta en común
18:45 Fin do retiro
19:00 Eucarístia ca parroquia

O retiro, impartido por Mario Pérez Moya, caracterízase polo seu ambiente acolledor e de libre participación, permitindo a cada persoa atopar o seu propio ritmo e espazo de serenidade.

A xornada incluirá unha comida compartida, para a cal se convida aos asistentes para traer os seus propios alimentos e gozar dun momento de convivencia e fraternidade.

 

 

Ven e víveo!  Estás convidado!