7 novembro. Xubileu das persoas traballadoras e migrantes

No marco da inauguración da exposición itinerante “Rostros e retos do mundo do traballo” , ese mesmo venres 7 de novembro a Igrexa compostelá, a través do Departamento da pastoral do traballo, celebra o

 

Así, ás 17:00 horas farase o visionado dun vídeo no Salón de Actos do Instituto Teolóxico Compostelán (no edificio colindante de San Martín Pinario) e posteriormente unha charla que impartirá D. Antonio Aranda, director do Departamento de Pastoral do Traballo da CEE sobre Retos da Pastoral do Traballo. Despois, ás 18:30 haberá unha Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, D. Francisco Prieto, na capela do Seminario, con entrada desde a Hospedería de San Martín Pinario.

Convidamos a todas as persoas, en especial ás persoas traballadoras, a quen non pode ter acceso a un traballo decente e tamén ás persoas migrantes, a participar deste Xubileu, valorar a dignidade de toda persoa e ser signos de esperanza para o noso mundo.