Interesante Charla-coloquio organizada por el Centro Diocesano de Escucha San Camilo

 

El psicólogo Valentín Rodil Gavala, y responsable de la UMI del Centro de Escucha San Camilo ofrecerá la charla-coloquio: “Cuéntame tu pesadilla. Es mejor que olvidarla”, organizada por el Centro Diocesano de Escucha San Camilo.  Tendrá lugar el jueves 23 de junio, en el Centro Social Parroquial de Santa María la Mayor de Pontevedra, a las 20:30 h. En ella se abordará la necesidad de hablar en el sufrimiento.

 

Además la Unidad Móvil de Intervención en Duelo quedará instalada en la Plaza Alonso de Fonseca de Pontevedra, junto a la Real Basílica de Santa María la Mayor, el viernes 24 de junio, en horario de mañana de 10:00 a 13:30 h. y de tarde de 17:00 a 19:30 h. Toda persona que esté atravesando un duelo por una pérdida significativa y necesite ser acompañada y escuchada puede acercarse con libertad. Servicio gratuito, confidencial y abierto a todos.
.

Manos Unidas: Outra oportunidade

A delegación de Manos Unidas da Diocese de Santiago organiza en Santiago unha serie de eventos: tenda solidaria, obradoiros, e unha exposición,  para dar outra oportunidade para as cousas, para as persoas, e para o planeta.

¡Únete! ¡Colabora!

Mais información en: santiago@manosunidas.org

¿Queres facer algo diferente este verán? Apúntache á III Escola de Voluntariado de Manos Unidas Galicia

Mans Unidas convídache a participar un ano máis dunha experiencia onde poderás debater sobre os principais retos sociais e ambientais aos que se enfronta o planeta, e formarte sobre as novas necesidades do voluntariado.
.

A Escola de voluntariado de Manos Unidas Galicia é unha proposta formativa e vivencial dirixida a mozas e mozos galegos de entre 16 e 25 años, que pretende dotarlles de ferramentas e capacidades para o traballo en favor da Axenda 2030, mellorando a comprensión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e do papel fundamental que a cidadanía, a través do voluntariado, ten para lograr superar as inxustizas e desigualdades existentes na actualidade.

A escola de voluntariado conta coa contribución da Fundación KR, no marco da iniciativa CIDSE «Change for the Planet – Care for People».

 

A escola de voluntariado desenvolverase como un campamento de voluntariado para a sostenibilidade, nas instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña) durante os días 21 ao 24 de xullo.

 

O campamento ten un prezo de 40,00 euros, que inclúe o aloxamento, pensión completa desde a comida do día 21 á comida do día 24, a contratación do seguro e a posibilidade de transporte desde Santiago de Compostela a Vilasantar, para aqueles que o necesiten.

 

O proceso de inscrición finaliza o 15 de xullo.

 

Mais información en educación.galicia@manosunidas.org

 

 

Díptico da III Escola de Voluntariado de Manos Unidas. Galicia.